20 mar 2012

Para que poñas o cerebro a funcionar

Quen descubriu o lume? Como o descubriu? Cando?


Estas son as preguntas que nos propón Sara Pérez. Ánimo!, a investigar.

6 comentarios:

  1. O lume foi descuberto polo Homo Erectus , fai aproximadamente 800.000 anos nas ribeiras do río Xordán.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alba, faltache como se descubriu o lume.

      Eliminar
  2. O lume o descubriu o ser humano na prehistoria durante o paleolítico.
    1.Golpeaban dúas pedras para provocar faíscas que prendían as pólas secas.
    2.Deslizaban enerxicamente un pau sobre unha táboa para provocar a lapa por quentamento.
    3.Xiraban rápidamente un pau sobre unha taboíña para provocar a lapa por quentamento.

    ResponderEliminar
  3. Hai moitos anos, na prehistoria, cando vivían os homes primitivos,houbo unha tormenta. Caeron varios raios e un foi a dar xusto nunha árbore. Deseguida apareceu unha cousa amarela escura. Tocárona e queimáronse. Logo arrancaron unha rama puxérona xunto á cousa amarela e contaxiouse. Foron poñendo máis e máis ramas para que non se gastase. Coas ramas prendidaslevárono ás súas covas e así no inverno cando nevaba e ía moito frío podíanse quentar. Co paso do tempo chamáronlle lume, sempre o mantiñan encendido e toda a tribo xuntábase ao seu arredor. Hoxe, despois de miles de anos, o 16 de xaneiro séguense facendo as cacharelas de San Antón en recordo do día que se descubriu o lume

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben rapazas,investigastes moito e fixéstelo moi ben. Agora ide pensando a vosa pregunta para cando remate o concurso.

      Eliminar