DECÁLOGO DO ESTUDANTE
- A clase vaise a traballar. O teu lugar de traballo no colexio é a clase.
- O bo estudante pregunta sempre o que non entende. O profesor está para axudalo con gusto.
- Na casa estudia sempre á mesma hora e no mesmo sitio.
- Para empezar a estudar tes que estar en boas condicións físicas e mentais: motivado, descansado e concentrado.
- Utiliza para estudar os cinco días da semana de maneira regular. Os venres custa máis, pero pensa que quedarás libre do traballo durante a fin de semana.
- Adica ao estudo non menos de 90 minutos diariamente. Pero sempre ten en conta a túa capacidade e maneira de estudar.
- Ten preparado todo o material que necesites antes de empezar a estudar: libros, cadernos, libretas, papel, bolígrafo, dicionario...
- Ao empezar a estudar é importante, para concentrarte ben no traballo, decidir a hora de acabar o traballo que vas a realizar e cumprir o que tes previsto.
- Ten moi presente que estudar é un hábito e ata que non o teñas ben asimilado non podes facer excepcións. Tes que ser esixente contigo mesmo, non deixar as tarefas para máis tarde. Cun pouco de esforzo chegará un momento en que sentarte a estudiar serache tan familiar como as horas das comidas.
- Importantísimo: Estuda o tempo recomendado cada día en lugar de estudar moito en poucos días.
Escribe as dúas accións do Decálogo que máis che custa cumprir. Pon todo o teu empeño en conseguilo.
1º
|
Este curso conseguirei
|
2º
|
Este curso tamén serei capaz de
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario