2 mar. 2012

Noraboa!

A miña noraboa a: Alba, Ángel, Jorge e Javier por acertar correctamente á pregunta de Mar e Celeste. A máis rápida en respostar foi Alba, e fíxoo moi ben coa seguinte información:
“As Cataratas do Iguazú localízanse no Parque Nacional do Iguazú, (Brasil) e no Parque Nacional Iguazú (Arxentina). No continente de América: no subcontinente de América do Sur.
Como o propio nome xa di, as cataratas están formadas polas augas do río Iguazú.As Cataratas do Iguazú foron descubertas en 1542 por Don Álvar Núñez Cabeza de Vaca.
O Parque creouse en 1939 co propósito de administrar e protexer o manancial de auga que representa esta catarata e o conxunto do medio ambiente ao seu redor”
Alba, empeza xa a pensar nalgunha cuestión interesante que nos poida sorprender. Ánimo e a traballar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario