30 mar. 2020

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES A REALIZAR NA SEMANA D0 30 AO 5 DE ABRIL

Ola!
Esta é a terceira semana de confinamento nas nosas casas. Desde aquí mandámosvos moito ánimo e se tedes dúbidas poñédevos en contacto con nós.

MATEMÁTICAS

Imos a avanzar en contidos. Esta semana comezaremos o tema 9 "Fracciones 
 decimales.Porcentajes"

- Le os cadros das páxinas 142,144 e 146 .

Este material on line vaiche axudar a entender o tema.

FRACCIÓN DECIMAL Y NÚMERO DECIMAL
REPRESENTACIÓN DE NÚMEROS DECIMALES
COMPARACIÓN DE NÚMEROS DECIMALES
 VÍDEO : CÓMO SE HALLA UN PORCENTAJE  
Fíxate no video, as operacións pola unidade seguidade de ceros non se deben facer así.Lémbrate de facelas directamente.
VÍDEO : CÓMO SACAR PORCENTAJES
PORCENTAJES
PORCENTAJES II
PORCENTAJES III
PROPORCIONALIDAD Y PORCENTAJES

Actividades que terás que facer na libreta.
Páxina142
- Copia do cadro a teoría que vén na parte azul máis escura.
Exercicios: 2, 3.
Páxina143. Exercicios 5, 6.
Páxina144
 - Copia do cadro a teoría que vén na parte azul máis escura.
 Exercicios: 1, 2, 3.
Páxina 145. Exercicios 5, 6 ,7.

LINGUA GALEGA

-Facer dúas DESCRICIÓNS (elexir dúas persoas do teu entorno: familia, grupo de amizades…) e describilos incluíndo os seus trazos físicos, o seu carácter, os seus gustos e as súas afeccións. Acompañar cada unha das descricións polo deseño da súa caricatura.
Entra nos seguintes enlaces e fai estas actividades on line. Son exercicios de repaso.
Vocabulario. Na escola.
Vocabulario. O dicionario
A linguaxe e as linguas I
A linguaxe e as linguas II
Vocabulario. A fraga
Vocabulario : sinónimos
Ortografía: sílabas tónicas e átonas
Vocabulario. Amigos
Vocabulario: antónimos
Gramática. Clases de palabras I
Gramática . Clases de palabras II
Ortografía: o acento gráfico
Vocabulario: o meu cuarto
Vocabulario: palabras polisémicas
Gramática: clases de substantivos
Ortografía: o ditongo e o hiato I
Ortografía: o ditongo e o hiato II

CIENCIAS DA NATUREZA

  Repaso trimestral (exercicios páxina 81).
LINGUA CASTELÁ  

Preme nos seguintes enlaces e fai as actividades.
DICTADO 1 e 2   

Fai só o ditado  do tema un e o do dous do enlace de arriba.

ANÁLISIS MORFOLÓGICO

Libro de texto : repasa as unidades (exercicios  páxinas 155 e 175).
Estuda ou repasa os recadros amarelos dos temas 7 e 8.
CIENCIAS SOCIAIS

-2) AL ANDALUS: DA INVASIÓN AOS REINOS DE TAIFAS (exercicios páxinas 94 e 95 co define conceptos incluido).

-Estudar as páxinas 92, 93, 94 e 95.
Preme no seguinte enlace, vaiche ser moi útil para estudar.

RESUMO TEMA 6
 

MATERIA INGÉS


RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA A SEMANA DO LUNS 30 DE MARZO ATA O DOMINGO 5 DE ABRIL
  • Poden seguir utilizando os links das semanas 1 e 2:
  • Poden entrar nesta web e ir a calquera das leccións que estén enfocadas a 8-10 anos e incluso 11-14. Clicando en “join the lesson” reenvía a youtube e é como unha clase na que practican variedade de cousas. Son bastante longas pero venlles ben para agudizar o oído.
  • Na web do colexio está colgado un video cunha carta de despedida da auxiliar de conversa deste curso (aínda que non lles dera clase, seguramente a viron varias veces). Poden vela un par de veces e ir lendo ao mesmo tempo. Despois deberán responder ás seguintes preguntas na libreta a poder ser:
      • Where is Aimee from (country)?
      • Where does she live (city)?
      • Who is Steve?
      • How did they go back home?
      • When did they go back home?
      • Imagine that it is 12:00 o´clock here in Spain, what time will it be in Seattle?
      • How does she feel about leaving Spain?
      • Which 4 cities does she mention in the video?
      • How was Vigo airport?
      • Does she speak very fast?
  • Poden facer a modo de repaso da unidade 5 as dúas seguintes páxinas. Poden responder directamente na libreta ou nun folio ou imprimilas se teñen a posibilidade:

27 mar. 2020

SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO.

Ola!
Seguro que xa tedes rematadas as actividades desta semana. Agora hai que facer un último esforzo e corrixilas.
MOITO ÁNIMO!

Pincha no seguinte enlace  para acceder as solucións.

SOLUCIÓNS ACTIVIDADES

AO REMATAR DE CORRIXIR, DESFRUTADE DUN MERECIDO DESCANSO DE FIN DE SEMANA.
O  luns, volvede a entrar no blog que xa estará colgado o traballo para a vindeira semana.

Unha aperta,
                       Elena, Olga e Carmen

23 mar. 2020

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES A REALIZAR NA SEMANA DO LUNS 23 AO 27 DE MARZO

Ola!
Esta é a segunda semana de confinamento nas nosas casas. Desde aquí mandámosvos moito ánimo e se tedes dúbidas poñédevos en contacto con nós.

MATEMÁTICAS

Repaso acumulativo (exercicios páxina 153).

LINGUA GALEGA

- Estudar todos os recadros dos Temas 7 e 8.

- Repasa as unidades (exercicios páxina 155).

- Repasa as unidades (exercicios páxina 175).

CIENCIAS NATURAIS

-Repaso trimestral (exercicios páxina 80).

LINGUA CASTELÁ

- Escribir un CONTO debidamente ilustrado e coloreado. Empregaremos folios para esta actividade e entregarémolo á volta, con portada tamén ilustrada.
 Lémbrade seguir a estrutura do conto ( introdución, nó e desenlace) e sobre todo corrixir as expresións e a ortografía antes de pasalo a limpo.
Poñede a vosa creatividade a funcionar para esta actividade, seguro que a situación que estamos a vivir axudaravos a elixir uns personaxes moi interesantes.


CIENCIAS SOCIAIS

-Ler o Tema 6 enteiro.

-1) DE ROMANOS A VISIGODOS ( exercicios páxinas 92 e 93 co "Define conceptos incluido").

-Estudar as páxinas 92 e 93.

 Actividade on line "A IDADE MEDIA"

Entrade na bitácora TIC para acceder ás actividades, a través da Web do cole ou no enlace directo deste blog, fíxate á dereita no apartado " Outras bitácoras".

Podedes seguir traballando nas actividades on line colgadas no noso blog.

RECOMENDACIÓNS

- Se é posible emprega o horario de clase, traballando e respectando as sesións establecidas para cada materia.

- Procura dedicar un tempo para  ler un libro (un pouco todos os días).

Recomendámosvos o seguinte libro da editorial Planeta para que leades durante este período da suspensión de clases. Podedes lelo en liña ou descargalo.

LAS CRÓNICAS DE NARNIA.El león,la bruja y el armario.

El leon, la bruja y el armario

MOITO ÁNIMO!  

MATERIA. INGLÉS

RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA A SEMANA DO LUNS 23 ATA O VENRES 27
  • Poden continuar co diario. Esta semana tamén practicarán as horas ademáis de continuar co pasado regular e irregular que estivemos practicando estas semanas. Deben empregar frases afirmativas e negativas e facer 2 ou 3 frases por día. Exemplo:
    • Monday 23rd March 2020:
      • At half past ten (10:30) I had breakfast.
      • At three o´clock (15:00) I studied Science.
      • At six o´clock (18:00) I didn´t play computer games.
  • O alumnado que teña a libreta pode seguir estudando e repasando os verbos irregulares que foron aparecendo nestas semanas e coa que van facendo unha lista.
  • Poden ler a carta de Aimée (a auxiliar de conversa deste curso) que está colgada na páxina web co colexio na parte de inglés de 3º, 4º, 5º e 6º.
  • O alumnado que teña acceso a Internet pode continuar entrando na seguinte páxina e clicar en calquera dos libros da editorial (recoméndase “Amazing Rooftops” e “All About Us”, pero calquera é positivo para axilizar o sentido do oído) Poden escoitar cancións, ver historias, usar os xogos, etc. Deben entrar no “level 5” sempre. Na sección “Traditional Tales” poden ver e escoitar as outras dúas historias: “The Town Mouse and The Country Mouse” e “Aladdin”.
  • No seguinte link teñen cantidade de material. Deberían centrase nas seccións “listen and watch” e “read and write” pero calquera é interesante. Para o alumnado con posibilidade de imprimir a sección de “print and make”.


20 mar. 2020

SOLUCIÓNS ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES. Semana do 16 ao 20 de marzo.

Ola!
Seguro que xa tedes rematadas as actividades desta semana. Agora hai que facer un último esforzo e corrixilas.
MOITO ÁNIMO!

Pincha no seguinte enlace  para acceder as solucións.

SOLUCIÓNS SEMANA 16 AO 20 DE MARZO

AO REMATAR DE CORRIXIR, DESFRUTADE DUN MERECIDO DESCANSO DE FIN DE SEMANA.
O  luns, volvede a entrar no blog que xa estará colgado o traballo para a vindeira semana.

Unha aperta,
                       Elena, Olga e Carmen




16 mar. 2020

ESTUDO E ACTIVIDADES A REALIZAR NA SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO


  • Estudar todos os días para os controis marcados e que quedan aplazados ata que se reanuden as clases presenciais.

MATEMÁTICAS

Libro de texto . Páxina 139 : repaso acumulativo completo.
Actividades on line da entrada deste blog: "Temas 7 y 8 “. Números decimais e operacións”.

LENGUA CASTELLANA

Libro de texto . Páxina 174 : repasa la unidad (completo).
Actividades on line das entradas deste blog:  "Tema 7" e "Tema 8".

LINGUA GALEGA

Libro de texto . Páxina 174 : repasa a unidade (completo).
Actividades on line da entrada deste blog : "REPASO LINGUA GALEGA".

CIENCIAS DA NATUREZA

Estudar unidade 4.
Actividades on line da  entrada deste blog : "Tema 4 Ciencias da Natureza".

CIENCIAS SOCIAIS

5º A : estudar para o control unidade 5.
5ºB : estudar o explicado da unidade 6.
5ºC: ler a unidade 6.
Actividades on line da entrada deste blog : "Tema 5. Ciencias sociais".

 ACTIVIDADES INFORMÁTICA  5º C  ( 1sesión)

 - Entrar en ordenadorpráctico.es => cursos => empezando con ubuntu =>
libre office => libreoffice básico => Módulo 1. Comenzar con writer.


- Ler detidamente o punto número 24 Listas numeradas e viñetas.
 

- Facer o exercicio 29 (practicar con listas: receita da tortilla de patacas).
 

- Gardar como: exercicio 29 ( no usb coma sempre)

RECOMENDACIÓNS

- Se é posible emprega o horario de clase, traballando e respectando as sesións establecidas para cada materia.
- Estuda todos os días.
- Debes ler un libro , todos os días un poquiño; non estés só atenta ou atento ao conttido, presta atención a cómo están escritas as palabras ( ortografía).


MATERIA INGLÉS



RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA A SEMANA DO LUNS 16 ATA O DOMINGO 22

  • Facer un pequeno diario utilizando o pasado regular e irregular que estivemos practicando estas semanas e empregando frases afirmativas e negativas. Deberán escribir 2 ou 3 frases por día. Exemplo:
    • Monday 16th March 2020: In the morning I read a book.
                             In the afertoon I studied Maths.
                             In the evening I didn´t watch TV.
  • O alumnado que teña a libreta pode estudar e repasar os verbos irregulares que foron aparecendo nestas semanas e coa que van facendo unha lista.
  • O alumnado que teña o “Class Book” pode estudar o vocabulario, expresións, etc da unidade 5 que estamos a traballar.
  • O alumnado que teña o “Activity Book” pode facer o “5 Bilingual Dictionary ” na páxina 97 e o “5 Grammar Practice” nas páxinas 88 e 89.
  • O alumnado que teña acceso a Internet pode entrar na seguinte páxina e clicar en calquera dos libros da editorial (recoméndase “Amazing Rooftops” e “All About Us”, pero calquera é positivo para axilizar o sentido do oído) Poden escoitar cancións, ver historias, usar os xogos, etc. Deben entrar no “level 5” sempre. Na sección “Traditional Tales” poden ver e escoitar as duas primeiras historias: “Three Billy-Goats” e “Goldilocks and the Three Bears”.