Ola!
Seguro que xa tedes rematadas as actividades da derradeira semana deste curso. Agora hai que facer un último esforzo e corrixilas.
Preme nos seguintes enlaces.
MATEMÁTICAS
LENGUA CASTELLANA
LINGUA GALEGA
RECOMENDACIÓNS VERÁN 2020
En portas das vacacións de verán, e a piques de comezar a gozar dun merecido descanso, imos facervos as seguintes recomendacións para compaxinar dunha parte este período estival, no que seguro que repoñedes forzas e recargaredes as pilas con outros momentos, onde intentaredes non esquecer o aprendido este curso.
- Le todos os días. O verán é ideal para conxugar o verbo ler: leo, les, lemos ... Elixe o teu libro entre os recomendados para este verán; ou quizais che deron un libro polo teu aniversario que aínda non o liches ... ou pode que cho dean agora...
Os libros recomendados dende a Biblioteca do noso cole son:
Era dúas veces o Barón Lamberto. Autor : Gianni Rodari. Editorial Kalandraca.
A que altura está o ceo?. Autor: Jorge Mira. Editorial Alvarellos Editora.
SOS monstros verdadeiros ameazan o planeta. Autora: María G. Rohde. Editorial Baia edicións.
- Ademais, sería conveniente facer un pequeno repaso, debido a que as vacacións son longas e levamos moito tempo sen clases presenciais. Pensade que en setembro, tedes que vir con moitas ganas de aprender, xa que haberá que preparar os temas que non se impartiron no terceiro trimestre.
Para que vos sexa máis doado facer este repaso , aconsellámosvos un caderno de repaso de verán de 5º de Ed. Primaria de calquera editorial; este tipo de cadernos ten o solucionario das actividades ao final, así poderedes autocorrixir as tarefas realizadas.
Moi boas vacacións,
Olga, Elena e Carmen
No hay comentarios:
Publicar un comentario