23 mar 2020

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES A REALIZAR NA SEMANA DO LUNS 23 AO 27 DE MARZO

Ola!
Esta é a segunda semana de confinamento nas nosas casas. Desde aquí mandámosvos moito ánimo e se tedes dúbidas poñédevos en contacto con nós.

MATEMÁTICAS

Repaso acumulativo (exercicios páxina 153).

LINGUA GALEGA

- Estudar todos os recadros dos Temas 7 e 8.

- Repasa as unidades (exercicios páxina 155).

- Repasa as unidades (exercicios páxina 175).

CIENCIAS NATURAIS

-Repaso trimestral (exercicios páxina 80).

LINGUA CASTELÁ

- Escribir un CONTO debidamente ilustrado e coloreado. Empregaremos folios para esta actividade e entregarémolo á volta, con portada tamén ilustrada.
 Lémbrade seguir a estrutura do conto ( introdución, nó e desenlace) e sobre todo corrixir as expresións e a ortografía antes de pasalo a limpo.
Poñede a vosa creatividade a funcionar para esta actividade, seguro que a situación que estamos a vivir axudaravos a elixir uns personaxes moi interesantes.


CIENCIAS SOCIAIS

-Ler o Tema 6 enteiro.

-1) DE ROMANOS A VISIGODOS ( exercicios páxinas 92 e 93 co "Define conceptos incluido").

-Estudar as páxinas 92 e 93.

 Actividade on line "A IDADE MEDIA"

Entrade na bitácora TIC para acceder ás actividades, a través da Web do cole ou no enlace directo deste blog, fíxate á dereita no apartado " Outras bitácoras".

Podedes seguir traballando nas actividades on line colgadas no noso blog.

RECOMENDACIÓNS

- Se é posible emprega o horario de clase, traballando e respectando as sesións establecidas para cada materia.

- Procura dedicar un tempo para  ler un libro (un pouco todos os días).

Recomendámosvos o seguinte libro da editorial Planeta para que leades durante este período da suspensión de clases. Podedes lelo en liña ou descargalo.

LAS CRÓNICAS DE NARNIA.El león,la bruja y el armario.

El leon, la bruja y el armario

MOITO ÁNIMO!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario