21 feb 2012

Noraboa!

Moi ben!, Mar e Celeste sodes as gañadoras da pregunta de Paula e Alba. Efectivamente o creador da produción en cadea foi Henry Ford. O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo costo producido pola Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927. Con este modelo introduciuse a produción en cadea, popularizando a adquisición dos automóbiles.
Xa podedes empezar a pensar nalgunha pregunta, adiviviña, acertixo...etc. Xa é hora de que nos poñades a funcionar o noso cerebro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario