16 mar 2020

ESTUDO E ACTIVIDADES A REALIZAR NA SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO


  • Estudar todos os días para os controis marcados e que quedan aplazados ata que se reanuden as clases presenciais.

MATEMÁTICAS

Libro de texto . Páxina 139 : repaso acumulativo completo.
Actividades on line da entrada deste blog: "Temas 7 y 8 “. Números decimais e operacións”.

LENGUA CASTELLANA

Libro de texto . Páxina 174 : repasa la unidad (completo).
Actividades on line das entradas deste blog:  "Tema 7" e "Tema 8".

LINGUA GALEGA

Libro de texto . Páxina 174 : repasa a unidade (completo).
Actividades on line da entrada deste blog : "REPASO LINGUA GALEGA".

CIENCIAS DA NATUREZA

Estudar unidade 4.
Actividades on line da  entrada deste blog : "Tema 4 Ciencias da Natureza".

CIENCIAS SOCIAIS

5º A : estudar para o control unidade 5.
5ºB : estudar o explicado da unidade 6.
5ºC: ler a unidade 6.
Actividades on line da entrada deste blog : "Tema 5. Ciencias sociais".

 ACTIVIDADES INFORMÁTICA  5º C  ( 1sesión)

 - Entrar en ordenadorpráctico.es => cursos => empezando con ubuntu =>
libre office => libreoffice básico => Módulo 1. Comenzar con writer.


- Ler detidamente o punto número 24 Listas numeradas e viñetas.
 

- Facer o exercicio 29 (practicar con listas: receita da tortilla de patacas).
 

- Gardar como: exercicio 29 ( no usb coma sempre)

RECOMENDACIÓNS

- Se é posible emprega o horario de clase, traballando e respectando as sesións establecidas para cada materia.
- Estuda todos os días.
- Debes ler un libro , todos os días un poquiño; non estés só atenta ou atento ao conttido, presta atención a cómo están escritas as palabras ( ortografía).


MATERIA INGLÉS



RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA A SEMANA DO LUNS 16 ATA O DOMINGO 22

  • Facer un pequeno diario utilizando o pasado regular e irregular que estivemos practicando estas semanas e empregando frases afirmativas e negativas. Deberán escribir 2 ou 3 frases por día. Exemplo:
    • Monday 16th March 2020: In the morning I read a book.
                             In the afertoon I studied Maths.
                             In the evening I didn´t watch TV.
  • O alumnado que teña a libreta pode estudar e repasar os verbos irregulares que foron aparecendo nestas semanas e coa que van facendo unha lista.
  • O alumnado que teña o “Class Book” pode estudar o vocabulario, expresións, etc da unidade 5 que estamos a traballar.
  • O alumnado que teña o “Activity Book” pode facer o “5 Bilingual Dictionary ” na páxina 97 e o “5 Grammar Practice” nas páxinas 88 e 89.
  • O alumnado que teña acceso a Internet pode entrar na seguinte páxina e clicar en calquera dos libros da editorial (recoméndase “Amazing Rooftops” e “All About Us”, pero calquera é positivo para axilizar o sentido do oído) Poden escoitar cancións, ver historias, usar os xogos, etc. Deben entrar no “level 5” sempre. Na sección “Traditional Tales” poden ver e escoitar as duas primeiras historias: “Three Billy-Goats” e “Goldilocks and the Three Bears”.